A eternidade tamén se acaba (gl – en)

Hai 30 anos viaxaba en tren 
da mañá á noitiña para alcanzar a fronteira
Logo toda a noite durmindo no coche cama
arrolado polo troupelear das rodas metálicas
até chegar á gare Montparnasse estreando o día
tras unhas eternas 24 horas para percorrer
as 1000 millas que nos afastaban
á miña arrogancia e máis a min
do deslumbrante mundo por descubrir.
Naquel momento no que entraba tanta luz
aínda a lama da vida non tiña salpicado
as miñas roupas recén estreadas
camiñaba cos ollos ben abertos
todo me prestaba, nada me fería
e mesmo se xa me movía no labirinto
pechado
o aire non se viciara
co que pensaba que era libre.
Curiosamente, as tarefas monótonas na fábrica
repetidas como un mantra durante un ano
cronometradas entre 14 e 32 segundos
leváranme a unha independencia
que facilitaba a navegación
sen solicitar permisos,
ceibe coma o fume
que non sabe
que o leva
o vento
París recibíame coa arquitectura abraiante
e os seus sinxelos “pains au chocolat”
a miseria amosábase nos escaparates
de tal xeito que non eras quen de recoñecela
case afogado entre tanta novidade
prometía amor eterno,
como se a eternidade me pertencese
“eu bolsiña de té prometo-te
durar toda a vida”
A cidade das luces foise apagando
como tantas outras marabillas da xuventude
viñeron as carreiras e as angustias
o demostrarlle ao mundo o que nunca fun
nun traxe que me torturaba por apertado
pero resistín e fun avanzando no camiño
mais os días e os anos foron caíndo
coma unha pinga constante sobre os lazos
febles
o aire foise facendo irrespirabel
no meu labirinto de paredes gastadas
e a eternidade desfíxose como unha neboa matinal
cando ás doce chega a luz do sol cansa
despois de case 150 millóns de quilómetros
quédanlle as forzas xustas para tornar a bruma
e mostrar os cristais rotos e o silencio
que quedaron testemuñas
do fracaso do que quixo ser un imperio
imperecedoiro
e non chegou a comunidade de veciños
con serios problemas estructurais.
Como colofón, podo descubrir o que me queda
entre os dedos logo de tanto sufrimento:
a certeza de que o único eterno é a
insensatez humana.

Eternity also ends

30 years ago I used to travel by train
from morning to evening to get to the border
Then I spent the whole night sleeping in the sleeper
cradled by the rattle of metal wheels
arriving at Montparnasse station premiering the day
after an eternal 24 hours to travel
the 1000 miles that separated,
my arrogance and me
of the dazzling world to discover.

At that moment when so much light came in
still the mud of life had not splashed
my brand new clothes
I walked with my eyes wide open
everything suited me, nothing hurt me
and although I was already moving in the labyrinth
closed
the air was not stale
that's why I felt free.
Interestingly, the monotonous tasks in the factory
repeated like a mantra for a year
timed between 14 and 32 seconds
they had brought an independence
that facilitated navigation
without requesting permits
as free as smoke
not knowing
that it's carried
by the wind
Paris welcomed me with impressive architecture
and its simple "pain au chocolat"
misery was displayed in the shop windows
in such a way that you couldn't recognize her
almost drowned in the middle of so much novelty
I promised eternal love,
as if eternity belongs to me
"I, tea bag, promise to last
a lifetime for you"

The city of lights was fading
like so many other wonders of youth
the races and anxieties came
to show the world what I was not
in a suit that tortured me for tight
however I resisted and continued on my way
but the days and the years were falling
like a constant drop on the ties
weak
the air became unbreathable
in my labyrinth of worn walls
and eternity faded like the morning mist
when at noon the tired sunlight
after almost 150 million kilometers
has enough strength left to dissolve the haze
and show the broken glass and the silence
that were witnesses
of the failure of what wanted to be an empire
imperishable
and stayed in a neighborhood community
with serious structural problems.

To top it off,I can show what I have left
between the fingers after so much suffering:
the certainty that the only thing eternal is
human folly.

A língua dos meus pais (gl – en)

Interésame a realidade lingüística, en xeral todo o que lle é circundante e en particular a sua relación coa autoestima.

Cando eramos pequenos había un mundo que xa non existe pero que vou traer ao presente por uns minutos para entender por qué somos o que somos.

Ao chegar a adolescencia decateime de que os meus pais falaban con todo o mundo a sua língua de nacemento pero a nós educábannos en outra distinta. Isto non sería nada anormal se fósemos unha familia de emigrantes na Suiza, que usa cos cativos o francés para que se integren na sociedade. Nembargantes, estabamos no noso país, onde naceran os avós dos nosos bisavós e os nenos aprendiamos a vida nun idioma alleo.

Hai unha neboa que cobre moitas partes da nosa existencia incluso sen que nos decatemos. Podemos pensar que son só nubes durante toda a vida e un día estrano un vento novo fai que despexe e descubrimos que ai estivo dende sempre o cumio dunha montaña.

Así ocorreu que nestes días chegou a luz a este cumio e decateime da crúa implicación do feito de que a tua língua na tua terra non valla e debas educar á seguinte xeración nunha fala allea para que poida optar a un mellor futuro. Cando a cultura do teu pobo non vale es ti por extensión quen non vale.

Este lastre que arrastra o meu pobo, fai que necesitemos sempre estar demostrando o útiles que somos, e que a maioría das veces usemos o traballar como burras para dicirlle ao mundo, mirade o moito que valemos!

Aos dezanove anos comecei a falar o idioma dos meus pais empregándoo nos traballos e exames da universidade e en todos os ámbitos da vida. Pasei uns anos sendo monolingüe, e hoxe despois de tres décadas esta segue a ser a miña primeira língua. Creo que no subconsciente foi un acto de amor cara á familia “vedes como o voso vale tanto como o dos demais, que non somos menos ca ninguen!”

Estou moi orgulloso dos meus pais. Espero que o traballo de normalizacion lingüística deste tempo todo sirva para que eles tamen se sintan importantes

My parents’ language

I am interested in linguistic reality, in general everything that surrounds it and in particular its relationship with self-esteem.

When I was little boy there was a world that no longer exists but that I will bring to the present for a few minutes to understand our life as it is today.

Upon reaching adolescence, I realized that my parents spoke their mother tongue to everyone, but they brought us up in a different language. This would not be anything abnormal if we were a family of emigrants in Switzerland, who use French with their children to integrate into society. However, we were in our homeland, where our great-grandparents’ grandparents were born and children learned life in a foreign language.

There is a fog that covers many parts of our existence without us even realizing it. We can think throughout our lives that they are only clouds and on a strange day a new wind clears it and we discover that the top of a mountain has always existed there.

It happened that these days the light came to this summit and I realized the stark implication of the fact that your language in your country is not worth it and you must educate the next generation in a foreign language so that they can qualify for a better future. When the culture of your people is not worth it, you are by extension the one who is not worth it.

This burden that my people carry, makes us always need to show how useful we are, and most of the time we work like slaves to tell the world, look how much we are worth!

At the age of 19 I began to speak my parents’ language and use it in university assignments, exams and then in all areas of life. I spent a few years being monolingual and today, after 30 years, it is still my first language. I think that in the subconscious it was an act of love towards my family «you see how yours is worth the same as that of others! We are no less than anyone else!»

I am very proud of my parents. I hope that the linguistic standardization work of all this time also serves to make them feel important.

A miña balea azul

Naquela altura vivía eu preso nunha bahía estreita e crendo coñecer o mundo nunca vira máis cás costas gastadas, e era arrogante falando dos remotos fondos do océano como se tivese mil veces viaxado a eles e non fixera senon imaxinalos e darlles no maxín o tamaño e a forma do meu cativo universo.

Foi aí cando chegou a sua silhueta magnífica creando ondas que sacudiron as rochas da praia dende onde estaba sentado a mirar pasar as nubes. E sentínme embriagado polo olor a mar aberto que traía con ela, ademáis cando puiden acariñar a sua barriga de balea, de pel lisa e húmida, e verme arrastado agarrado á sua aleta dorsal, coa cola maxestuosa movendo tomeladas de auga que nos propulsaban cara ao meu descoñecido sentín unha emoción forte que non se borrou da memória malia o paso monótono dos anos que lavan e destinxen o traxe das lembranzas.

Anque zona intermareal me pareza un nome pouco poético é o máis axeitado para descreber o ecosistema da nosa relación. O territorio que queda cando o mar se retira lonxe e a terra medra avanzando océano adentro, terra nova, acabada de nacer aínda enchoupada de auga, onde as emocions e os corpos se encontran; nese mundo a estrear, unha poza de auga transparente con sabor a alga e sal, a tua boca, de nena que medrou de fronte ao horizonte azul, curando a sua pel co vento mareiro ata se converter en balea que navega na inmensidade sen fronteiras do Oceano Mare.

A miña balea que foi miña mentres pasaba.

Pasaron os meses dunha estación e paseniñamente íanse cumprir os da seguinte cando unha mañá mirei á redonda e non puiden atopar o chorro que me enchía o corazón. Pasei horas axexando o horizonte, crendo ver o retorno daquela columna de auga que viña a por min, a cargarme no seu lombo suave, cantarme louvores de fada e levarme alén de onde a miña mente acadaba a imaxinar.

Un día e outro trouxeron sol e chuvia, e cubriron de neboa o recordo do teu bufido, miña balea, miña porta esvaída. Seguíu esta tristura avanzando monótona como un tren de mercadorías, lonxe do mar e do teu recordo segue a vida polos raís por onde unha balea non podería nin en soños viaxar; asi avante continuei e probei mil vidas e mil infernos, e a estación dos cetáceos quedara no esquencemento, ata este mes de xullo no que voltou sair a flote. Só desexo que te atopes en augas frías e profundas e que non che falte o krill, e que o océano poida devolverche algo do que me deches. E sobre todo que conserves a tua fermosa voz, que lle puxo música aos meus textos inxénuos:  a tua boca instrumento máxico que ensalzou o mediocre e me abriu unha fiestra a outro mundo.

Universo

A nosa aperta é un océano
De augas verdes e profundas
Onde afogan as poutas de aceiro
E os dentes afiados dos monstros
O fondo cuberto coa chatarra
Dos barcos que se nos afundiran
Tornáronse en arrecife
Hábitat dun milleiro de peixes

O sal e o iodo envólvennos
Torna a saúde paseniñamente
Que non hai mal que este mar non cure
E ao final somos só un
Universo de algas e anémonas
Ti e máis eu
Ao cabo do camiño

Retorno ao país

Ao volver soben os recordos como unha marea, o país da miña infancia recibe raiños de sol a través das follas da ameixeira e velaquí estou eu de novo levando a pacer a vaca do meu padriño, arriscándome a collela por un corno para sair na foto máis valente do que era, máis valente do que son.

O universo da nenez, o meu paraíso. Qué sinxela parecía a vida daquela! E canto esforzo hai que facer logo para encamiñala!

Raíces para unha alma de vento

A fonte do nómada

Entre a parra e a aveleira estaba a fonte co seu chorriño fresco para quen se axeonllara. Mamá aprendeunos a beber dela como un ritual en cada visita e o seu sabor grabado no noso adn fortaleceu a unión co clan.  Auga que disolveu os minerais da terra alimento da nosa familia, os mesmos que forman parte deste organismo de falso nómada, sempre viaxando sempre lonxe, sempre con morriña desa fonte entre a aveleira e a parra.