Visita á cidade natal

Voltei á escola trinta anos despois  aparquei lonxe  entre as naves industriais da beiramar camiñei rodeado polos olores das navieiras  e os sons do estaleiro  Non conseguín o certificado que precisaba nin sentín nostalxia daqueles tempos * Había uns versos de Olga Novo  na parede dunha multinacional  logo, no centro, a rúa do Príncipe  cargadaSigue leyendo «Visita á cidade natal»

Lyrical Advisor

E cercarom-mi as ondas, que grandes som! Nom hei [eu i] barqueiro nem remador – Galician-Portuguese medieval lyric “Sedia-m’eu na ermida de San Simión” Meendinho (13th-14th c.) Buscaba un mentor de poesía Revolvendo entre mails vellos O filtro devolveu doces  Palabras de amor  Que soterradas por anos Colleran fío aceirado Craváranseme nos ollos  Anegáraseme oSigue leyendo «Lyrical Advisor»

Soidal (gl – en)

Como nunha praia á última hora da tarde  cando os gritos da infancia  son un feble recordo  e xa as gaivotas grabaron  os seus xeroglíficos na area  e aparece por fin a respiración  do mar sobre todas as cousas  síntome de súpeto pinga  de aceite do cárter  aboiando no máis afastado  do inmenso Pacífico  unhaSigue leyendo «Soidal (gl – en)»

A fenda (gl – en)

Na fenda da porta entreaberta hai unha invitación para acceder á aventura do descoñecido aire, luz, enerxía atravesan o umbral deixando atrás as paredes brancas que aprenderon de memoria o ton marrón dos meus ollos e termaron sen queixado peso exacto do meu desespero Pola fenda, p. ex., como una fervenzaentra a cachón a selvaSigue leyendo «A fenda (gl – en)»

Once espiñas (gl – en)

Os pradairos, as faias  asoman á beira da estrada  traen a mensaxe do outono  aos que pasan con presa as miñas mans, os meus dedos  arrecenden de súpeto a terra  * once pingas de orballo  traspasan o goretex da miña alma  que agora sente a friaxe  da mañá de novembro na herba  * Ao igualSigue leyendo «Once espiñas (gl – en)»

Alimento (gl – en)

Agardan os libros de poesía  No cuarto asediado pola couza  a humidade, na casa rodeada de outono  que alimenta a terra con follas de viña  terra sen dono que me posúe  e aporta minerais aos meus soños  como fai coas herbas, as árbores eu, un máis dos seus fillos lévolle tamén os meus versos caídosSigue leyendo «Alimento (gl – en)»