No día sinalado (gl – en)

O tractor teimudo rascou a tona verde Empuxado polo cortexo de plumas brancas A terra aberta mostrou o seu ventre marrón Fértil, debecendo pola vida acolleu a semente  … Pero no día sinalado, a semente e a terra,  As aves e o tractor, desterrados, solitarios, Axexaron o estático telón azul ata o horizonte  Agardando enSigue leyendo «No día sinalado (gl – en)»

Admiración (gl – en)

Na presa, unha onda envolve e arrastra  o papel no que melancólico escribira versos sen rima, ferramenta extractora no lento proceso de varrer a escuridade • envexo as propiedades intrínsecas  das ás das gaivotas,  a navegación fluida entre os rañaceos; elas descoñecedoras da miña admiración  seguen visitando cada mañá a fedorenta empacadora * Admiration InSigue leyendo «Admiración (gl – en)»

Non tiñamos alma (gl – en)

De pequenos non tiñamos alma Eramos só unha materia que encher de coñecementos, futura man de obra na que meter os números, as letras, os nomes dos ríos, as divisións administrativas… De pequenos había uns roles moi marcados, se nacías home non podías usar colonia, vestirte de colores, nin chorar. De pequenos non importaba paraSigue leyendo «Non tiñamos alma (gl – en)»

Orificio de saída (gl – en)

Un ano despóis  sobre o moble da televisión  do piso catorce do aparthotel  como o orificio de saída  un libro e unha libreta  que me deixa esta cidade  ao acabar de atravesarme • Non imaxinaba  que a potente enerxía  que abrolla nesta cidade  ía conseguir moverme os marcos  abrir a cancela e facerme comprender  queSigue leyendo «Orificio de saída (gl – en)»

Mobles (gl – en)

Nas mans os mobles Casiña de bonecas enchendo a furgo Nas mans os mobles Arquitectura dunha vida xuntos Que pouco ocupan os nosos escenarios! As nosas dores viaxan mesturadas Entre madeiras e bisagras Bolsas de roupa e caixas de libros  As sombras coas que batemos Engánchansenos aos vultos  Quixera un océano de sal e ventoSigue leyendo «Mobles (gl – en)»

A monótona percusión (gl – en)

Aquí comezan as vías Hai un tren que só vai cara adiante A esperar por min no andén Subo ao vagón no que pasarei o día enteiro E a noite arrolado pola monótona percusión Das rodas metálicas nas unións dos raís O mundo é unha minúscula xeografía Cando se ten un obxectivo Preto do corazónSigue leyendo «A monótona percusión (gl – en)»

Caos e cadáveres (gl – en)

Nin imaxinaba que o caos puidese xerar esta inexplicable abundancia de vida * A estricta orde, que mantiña a casa lista para inspección a todas horas, facíaa cada día máis semellante ao cemiterio * O barco amarrado soportaba ben as tormentas, a auga estancada da dársena non creaba novos camiños para as neuronas * *Sigue leyendo «Caos e cadáveres (gl – en)»

Navegante (gl – en)

Como unha materia seca aboiando Ou como un peixe áxil Percorro o curso do río A ribeira estrañamente despoboada Onde se meteron todos? Non lonxe, en outeiros solleiros Unhas estruturas feitas de paus Sosteñen cadáveres de congros Inquiétame esta soidade Imaxino a todos nun niño quente Que eu non dou atopado Non renego do meuSigue leyendo «Navegante (gl – en)»