Do outro lado do cristal
unha muller come pan
ten a boca chea, mastiga
bocados dunha rebada gorda
ha ter a mesma idade
quizais a mesma nacionalidade
ten o mesmo número fillos
abre unha canle estreita
por onde me deixo arrastrar
a un tempo que hoxe marco
coa etiqueta da felicidade
chega a miña pizza
presto atención a cada sabor
bebo a pequenos sorbos
o viño tinto italiano
de súpeto fai contacto visual
e como un acto reflexo
aparto a vista
non vaian o pasado e o presente
colisionar violentamente
estragándonos o futuro
Spatiotemporal Paradox
On the other side of the glass
a woman eats bread,
her mouth full, chewing
bites from a thick slice.
She must be the same age,
perhaps the same nationality,
has the same number of children.
She opens a narrow channel
through which I let myself be swept
into a time I now mark
with the label of happiness.
My pizza arrives.
I pay attention to every flavour,
sip slowly
at the Italian red wine.
Suddenly our eyes meet
and, like a reflex,
I look away,
lest past and present
collide violently,
ruining our future.