Soidal (gl – en)

Como nunha praia á última hora da tarde  cando os gritos da infancia  son un feble recordo  e xa as gaivotas grabaron  os seus xeroglíficos na area  e aparece por fin a respiración  do mar sobre todas as cousas  síntome de súpeto pinga  de aceite do cárter  aboiando no máis afastado  do inmenso Pacífico  unhaSigue leyendo «Soidal (gl – en)»

A fenda (gl – en)

Na fenda da porta entreaberta hai unha invitación para acceder á aventura do descoñecido aire, luz, enerxía atravesan o umbral deixando atrás as paredes brancas que aprenderon de memoria o ton marrón dos meus ollos e termaron sen queixado peso exacto do meu desespero Pola fenda, p. ex., como una fervenzaentra a cachón a selvaSigue leyendo «A fenda (gl – en)»

Once espiñas (gl – en)

Os pradairos, as faias  asoman á beira da estrada  traen a mensaxe do outono  aos que pasan con presa as miñas mans, os meus dedos  arrecenden de súpeto a terra  * once pingas de orballo  traspasan o goretex da miña alma  que agora sente a friaxe  da mañá de novembro na herba  * Ao igualSigue leyendo «Once espiñas (gl – en)»

Alimento (gl – en)

Agardan os libros de poesía  No cuarto asediado pola couza  a humidade, na casa rodeada de outono  que alimenta a terra con follas de viña  terra sen dono que me posúe  e aporta minerais aos meus soños  como fai coas herbas, as árbores eu, un máis dos seus fillos lévolle tamén os meus versos caídosSigue leyendo «Alimento (gl – en)»

Os ollos (gl – en)

pensei que era a morte  cando menos a magnitude da dor  éralle moi similar (imaxinaba eu)  entón alí quedei cos ollos ben abertos  para descubrir a forma que terían os seus cando me fitase por derradeira vez * as paredes do salón, meu exoesqueleto  cinguíanme como no día da muda  así que vestín a roupaSigue leyendo «Os ollos (gl – en)»

O bolígrafo (gl – en)

Cando comprei o bolígrafo marabilloume imaxinar como terían feito os xaponeses para meter todos eses versos alí dentro. Logo asombroume o traballo que me custou desencerellalos e ir sacando liña a liña sobre o papel, tirando suavemente de cada trazo. The pen When I bought the pen I was delighted to imagine how the JapaneseSigue leyendo «O bolígrafo (gl – en)»

«La espera» tradotta in italiano per Flavio Almerighi

Grazie a Flavio Almerighi per la traduzione e pubblicazione della mia poesia «L’Attesa» nel suo Domenicale de amArgine https://almerighi.wordpress.com/2024/10/27/gioielli-rubati-324-abel-abilheira-enrico-cerquiglini-lucia-piombo-nerodavideazzurro-rita-frasca-odorizzi-elettasenso-giancarlo-stoccoro-emilio-capaccio/ Thanks to Flavio Almerighi for the translation and publication of my poem «La espera» in his Domenicale de amArgine (Sunday magazine)

Síntome (gl -en)

como unha árbore á beira do lago lonxe do bosque as raíces pérdense  abrindo camiños a ningures, estériles * as sementes levounas o vento lonxe  aínda, sen motivo, me descubro chorándoas  en recunchos remotos da miña estepa * onde ninguén poida recriminar o inútil e incoherente do meu laio  mimetizando a dor entre as espiñasSigue leyendo «Síntome (gl -en)»