dende o horizonte a luz do sol apunta ás azoteas dos rañaceos salpicando con discretos tons violáceos a fermosa cor gris do teito de nubes intres antes de as ventás se acenderen xorde esta poderosa enerxía que me arrastra cara á felicidade * London sunset * from the horizon the sunlight points to the rooftopsSigue leyendo «Solpor en Londres (gl – en)»
Archivo del autor: abelabilheira
No paseo que copia a curva do río (gl – en)
Dende o portal do edificio Até a porta peonil do parking Conto os pasos namentres En segundo plano axexa a ciencia (ladroa de almas) Coas suas ecuacións e estatísticas Respondendo a todo o que xa sabe De fondo pasa a corrente mansa Que podería xogar co meu cadáver Ou como a Sidharta murmurarme O segredoSigue leyendo «No paseo que copia a curva do río (gl – en)»
Efémero
Logo dunha ducia de mudanzas, confeso aínda non aprendín a montar as caixas * si descubrín porén, que ao abrilas un ano despóis os obxectos terán perdido a carga afectiva que os envolvera en xornal ou plástico de bólas * Nada pesa xa como na última casa o espírito dela é só memoria borrosa foiSigue leyendo «Efémero»
O nome das cousas (gl – en)
As cousas mudaran de nome eu só pasei a chamarlles correctamente porén o doutor considerou interesante para a nova nomenclatura do universo buscar unha explicación adentro * A enfermeira, seria, distante, profesional mentres enchía os tubos co meu sangue máis escuro, advertiu en silencio a miña excesiva rixidez e a alta porcentaxe de tristura disoltaSigue leyendo «O nome das cousas (gl – en)»
La rosa y el cuchillo (es – en)
Dentro, abajo en el fondo oscuro Cubiertos por el cieno de la prisa Reposan casi en perpetuo olvido La rosa del amor y la creatividad También ansioso de protagonismo El brillo frío de la hoja del cuchillo * The rose and the knife * Inside, down in the dark depths Covered by the mud ofSigue leyendo «La rosa y el cuchillo (es – en)»
Visita á cidade natal
Voltei á escola trinta anos despois aparquei lonxe entre as naves industriais da beiramar camiñei rodeado polos olores das navieiras e os sons do estaleiro Non conseguín o certificado que precisaba nin sentín nostalxia daqueles tempos * Había uns versos de Olga Novo na parede dunha multinacional logo, no centro, a rúa do Príncipe cargadaSigue leyendo «Visita á cidade natal»
Porto familiar
Aparto os ollos do show que nos une na pantalla do teléfono a través dos cristais que comezan a empañarse vense as pólas dos pradairos sacudíndose as follas vellas Ás veces, unha delas bate no teito do coche e nos asusta * O cemiterio, onde van os seus, comeza xusto atrás daquela porta de reixa Sigue leyendo «Porto familiar»
My poem Leaves and Roots in Gobblers by Masticadores
I am really grateful to Manuela Timofte for the publication of Leaves and Roots in Masticadores. You can take a look at it in the following link: Leaves and roots I wrote this text when after three years living in Manchester I finally started to feel at home
Lyrical Advisor
E cercarom-mi as ondas, que grandes som! Nom hei [eu i] barqueiro nem remador – Galician-Portuguese medieval lyric “Sedia-m’eu na ermida de San Simión” Meendinho (13th-14th c.) Buscaba un mentor de poesía Revolvendo entre mails vellos O filtro devolveu doces Palabras de amor Que soterradas por anos Colleran fío aceirado Craváranseme nos ollos Anegáraseme oSigue leyendo «Lyrical Advisor»
Curtidor
Como as peles de raposo que o avó puña a secar na porta do hórreo estendo eu a miña vida nestes escritos iso é, só a superficie da vida non a lama da traición (p. ex.) * curto a parte máis externa frotándoa nas palabras para que un día cando o vento de novembro seSigue leyendo «Curtidor»