(1) Un círculo é o espazo que por descoido
foi sendo rodeado por unha circunferencia
unha área segura onde nada exterior penetra
If ‘illamento percebido positivo’
True - Jump to (2)
False - Jump to (3)
(2) Nunha área segura, por falta de atención
ás veces a modiño unha circunferencia muda
consegue illar unha rexión súper-segura
Jump to (1)
(3) vixilancia continua das liñas curvas
*Notas de programación: o bucle 1 - 2 colapsa cando cada círculo conteña unha soa molecula
Programming
(1) A circle is the space that, through neglect,
has gradually been surrounded by a circumference,
a safe area where nothing from outside can penetrate.
If ‘perceived isolation positive’
True — Jump to (2)
False — Jump to (3)
(2) Within a safe area, through lack of attention,
sometimes, slowly, a silent circumference
and manages to isolate a super-safe region.
Jump to (1)
(3) continuous surveillance of curved lines
*Programming notes: the 1–2 loop collapses when each circle contains a single molecule