Enganche (gl – en)

cada mañá saio de casa 
como unha rolla que cae pola borda
dun bacallaeiro en Terranova
insignificante porción de cortiza
á deriva entre as ondas do océano

busco sempre algún fío solto
dun cabo de aceiro que ao pasar
no seu xiro mecánico, cíclico
me enganche de volta á roda da vida
pola vía común do sufrimento

Hook back

every morning I leave home
like a cork falling overboard
of a codfisher in Newfoundland
insignificant portion of bark
adrift among the waves of the ocean

I'm always looking for some loose thread
of a steel rope that when passing
in its mechanical, cyclical turn
hook me back to the wheel of life
through the common path of suffering

5 comentarios sobre “Enganche (gl – en)

Deja un comentario