Tenis novos (gl – en)

Mentres retoca fotos de nubes laranxa 
evito o andazo desta doce tristura
que como unha tela asfáltica
quere impermeabilizar a nosa vida
vense
os tenis femininos a xogo co amencer
na fábrica de conservas á beira do mar
fuxo
de ser ese paxaro morto dun tiro
virado en narrador de cada pluma
que o impacto do chumbo
esparexeu arredor da ría
camiño
cara ao novo dia
co calzado máis adecuado
para que os pes non se me colen
ao mel da melancolía

New tennis shoes

While she retouches photos of orange clouds
I avoid the epidemic of this sweet sadness
that like an asphalt fabric
wants to waterproof our life
in the image you can see
women's tennis shoes match the sunrise
next to the canning factory by the sea
I ran away
from being that shot dead bird
turned into narrator of every feather
than the impact of lead
scattered around the bay
I walk
towards the new day
with the most suitable footwear
so that my feet do not stick
to the honey of melancholy

5 comentarios sobre “Tenis novos (gl – en)

Deja un comentario