poema de amor
Nesta noite tras o esconxuro da tarta de pera
chegamos a unha illa onde a morte
de momento non nos alcanza
e bate o mar nas pedras,
alá embaixo na praia
pero nós aquí abrimos os ollos
e collémonos das mans
e respiramos o perfume das herbas pisadas
pechamos os ollos
sentímonos respirar
a calor dos nosos dedos comunicando paz
como se fose eterna
eterno é cada segundo que nos sostén
amor quédate aquí comigo
o que dure a curvatura
deste espazo-tempo
quizais se retorza tanto
que non teñamos que sair máis
de volta ao temporal océano
onde sacudidos, agarrados á borda
unha man extenuada
sálvanos de cair tragados pola anguria
debilitados, a morte só
a agardar polo fallo das forzas nos pulsos
e xa, adeus miña vida
mais agora que hai tregua
pega con forza o teu corpo
contra o meu de xeito
que o tempo se enrosque
como serpe arredor nosa
e deixe de ser esa liña recta, maldita recta
que nos leva dereitos
á tensión de volta á supervivencia.
Aquí,
nós,
apaga a luz,
sácalle as pilas ao reloxo
quedámonos nesta illa,
esgotados de morte,
esgotados de sempre sobrevivir
feridos, desangrados
para volver a cortarnos
e vaciar as veas vacías
péchate illa sobre nós
ergue cantís
que non topemos a saída
nin en mil anos.
Beautiful lines: «eterno é cada segundo que nos sostén/ amor quédate aquí comigo/ o que dure a curvatura/ deste espazo-tempo». Thank you for sharing your poem!
Me gustaLe gusta a 1 persona
Thanks for your comment, I appreciate it! I have written this in 2020 when I had the courage to write poetry again.
Me gustaLe gusta a 1 persona