Grallas (gl – en)

Corre unha brisa fresca 
sobre as moas gastadas
de mastigar tendóns, cartilaxes, ósos

Son innecesarias as tumbas
os velorios ou cadaleitos

Non apodrecen os cadaveres
no val da concordia
corre un airiño limpo
sobre a pel dos vivos

mentres afora as grallas
van troceando cos seus chíos
o máis tenro da mañá

Jackdaws

A fresh breeze blows
over molars worn out
from chewing tendons, cartilage, bones

Tombs, wakes or coffins are unnecessary

The corpses do not rot
in the valley of concord
a clean breeze blows
over the skin of the living

while outside the jackdaws are chunking
the most tender of the morning
with their chirps

Deja un comentario