Nas mans os mobles
Casiña de bonecas enchendo a furgo
Nas mans os mobles
Arquitectura dunha vida xuntos
Que pouco ocupan os nosos escenarios!
As nosas dores viaxan mesturadas
Entre madeiras e bisagras
Bolsas de roupa e caixas de libros
As sombras coas que batemos
Engánchansenos aos vultos
Quixera un océano de sal e vento
Non esta noite de camións e autoestradas
As pálpebras a cancelar a primavera
Mentres as nosas mans xuntas
Carrexan os mobles
•
Furniture
▪︎
In the hands our furniture
Dollhouse filling the van
In the hands our furniture
Architecture of a life together
How little our stages occupy
Our pains travel mixed
Between wood and hinges
Clothing bags and book boxes
The shadows we beat
Cling to our bundles
I wish for an ocean of salt and wind
Instead of this night of lorries and motorways
My eyelids canceling spring
While our hands together
Carry our furniture